miércoles, 26 de enero de 2011

Todo é silencio

Autor
Manuel Rivas (1957)
Máis información: Manuel Rivas

Libro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Edición: 2010
Páxinas: 276
ISBN: 978-84-9914-169-5









A miña impresión

Este librolembroume cando de novo ía veranear ás Rías Baixas. Camiñar polos peiraos ó carón desas planadoras con centos ou miles de cabalos de potencia, andar a pasear polas vilas coas farolas apagadas, escoitar ruxi-los motores ó fondo da Ría, as novas dos xornais e os telexornais: Lembranzas de cativo. Certamente todo era silencio ata que todo, ou case que todo, sóubose.


Esta novela atópase, tamén, traducida ó castelán en Alfaguara, có nome de Todo es silencio.

Esta novela de varias cousas ó mesmo tempo: a evolución do contrabando nas Rías Baixas (dende contrabando de cousas legáis, de primeira necesidade e tabaco, e cousas ilegáis, as drogas duras), como a xente evoluciona no seu entendemento cos contrabandistas e, asemade, como as amizades e amores de cativos rematan sendo enemizades perigosas xa de adultos. Gustoume e resultoume moi doada de ler.

Contraportada do libro

Todo é silencio narra o irresistíbel ascenso social de Mariscal, un capo contrabandista, e das almas que habitan Brétema, o universo que el domina ao seu antollo. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tempo en que as redes do contrabando, reconvertidas ao narcotráfico, acadaron tanto poder que estiveron moi preto de controlar o poder social e as institucións. Todo é silencio narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos que une dende a infancia o andar ás crebas, á procura de restos de naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de Galicia. Ese mar que fala con signos que deita na beira. Dende moi pronto, o destino da xente nova estará determinado pola sombra odiosa e engaiolante a un tempo do omnipresente Mariscal. Unha novela, Todo é silencio, que relata como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o extraño feitizo da condición humana.

3 comentarios:

  1. Ola Xosé Lois,

    Eu tamén teño esta lectura de Rivas pendente e axiña o teña lido vou retornar ao teu blog, que ten moi boa pinta, para deixar a miña impresión.
    ;-)
    Saúdos

    Daniel

    ResponderEliminar
  2. Olá Dani,

    Moitas gracias polo teu comentario. Eu tentarei seguir o voso blogue (xa o teño apuntado).

    Por certo, encantoume que teñades un clube de lectura en Barcelona (mágoa de non telo por Sevilla)

    Apertas

    ResponderEliminar
  3. O clube de lectura é un tema que temos que encamiñar de novo porque esta un pouco parado. A rapaza que era a principal coordinadora volveu a Galicia... Mais imólo retomar seguro, que temos uns poucos seguidores que son lectores moi activos.

    Unha mágoa de verdade, se non o podedes facer na túa cidade...

    Unha aperta Xosé Lois

    Dani

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...